Ho eduardo estévez

venecia abandonada

edicións positivas (2021)

isbn: 978-84-122421-8-8

110 páx.

ilustración de portada: susana nicolano

libro + CD con músicas publicadas en venecia no século XVI, da man do grupo de música antiga 1500:
-belén bermejo
(voz, órgano portativo e percusión)
-rubén ruibal
(violas da gamba tenor e baixo)
-andrés díaz
(frauta, laúde, viola de man e viola da gamba tenor)

(santa lucia)

(fragmento)

pola estación suceden / unhas poucas figuras silandeiras

é enorme e fría

noutro tempo / os trens chegaban ateigados e todo era / un continuo balbordo

agora / antes do labirinto da cidade / o viaxeiro mergúllase nun outro / de liñas rectas

lembra o relato de borges e sabe / que aínda non está perdido

* * *

non hai sensación de abandono

a estación quedou de súpeto / ancorada no esquecemento

coma se unha traxedia imprevista / provocase a fuxida / e o edificio ficase inmóbil

unha fotografía / xusto antes do abismo

recollidos os restos / abonda un empregado da limpeza / que percorre a sala cunha vasoira / coa convicción dun conservador de museo

dun sancristán